A Ribeira Sacra

A videira

A vendima

O viño

Augardente


Tivemo-la sorte de visita-lo concello de Ferreira de Pantón, na Ribeira Sacra, onde asistimos a unha vendima familiar.

O señor Xesús, dono da viña, foi explicando, moi amablemente, tódolos pasos que se seguen desde que se pranta a cepa, ata o remate do proceso dentro da cuba.

O noso agradecemento a esta familia e a tódalas persoas que colaboraron con nós. Gracias a elas puidemos realiza-lo traballo sobre a vendima, segundo os métodos tradicionais.

Canón do Sil
A Ribeira Sacra sitúase a ambas marxes do Canón do río Sil, comprende as comarcas situadas entre as primeiras elevacións do Courel e os vales de Ourense e do Ribeiro,
e desde a Serra do Faro ata a Serra de Queixa, case todos límites montañosos que a separan doutras comarcas como a do Courel, Valdeorras, Val do Limia ou O Bolo.
Esta é unha terra de ribeira e montaña. A súa altitude media é de 600 metros, cun desnivel que vai desde os 100 metros ata os 1900 metros de Cabeza de Manzaneda.
Situación da Ribeira Sacra
A Ribeira Sacra
Numerosos ríos bañan as terras que a conforman, como o Cabe, o Bibei ou o Navea, que van a parar ó río Sil, afluente principal do Miño.
Os sucalcos, das ladeiras riberás do Miño e do Sil, forman unha paisaxe, de gran beleza natural, chea de encanto. Verdadeiramente merecen ser visitados para disfrutar desta paisaxe inolvidable.

Volta ó inicio
Agora imos descubrir máis sobre a Ribeira Sacra
Agora tes que pescudar