Un ano máis imos celebrar o Samaín no Colexio. Esta festa ten as súas raices na cultura celta. Este pobo cría en moitos deuses e celebraba catro grandes festas ó ano. Estas tiñan lugar os corenta días dun solsticio ou dun equinoccio. A máis popular era a do Samaín, un culto ós mortos e unha crenza, que no día adicado a este deus abríase unha comunicación entre o seu mundo e o noso para que eles poideran visitar os seus achegados. |
Parece
ser que foi no século IX cando a igrexa decidiu cristianizar
os vellos costumes de ir polas casas pedindo comida e preparar banquetes
para os mortos que volvían de visita. Así naceu a festa
de Tódolos Santos ou Halloween. Os disfraces que lembran seres
do outro mundo, as caveiras, sustituidas polas cabazas, para dar lume
e quentar as ánimas... non son máis ca lembranza dos nosos
antergos en sintonía con outros pobos celtas coma o irlandés,
que foi quen exportou a festa de Halloween o novo mundo.
|
![]() |
![]() |
E mentras non chega a festa imos prepararnos aprendendo un pouquiño máis. ¿Sabedes que representa esta fotografía? ¿onde podes ver este mosaico? ¿a que pertencen os nomes que aparecen nas trece divisións da roda? ¿por que eses nomes e non outros? Envía as túas respostas ó noso enderezo: sfxabier@edu.aytolacoruna.es |
Podes aprender moito máis sobre esta festa e os seus orixes nas ligazóns:
http://www.iregua.net/cultura/religion.htm
http://members.fortunecity.es/ventero/misterio.html#El%20Samain
http://www.aragonesasi.com/elfos/06/l11samha.htm