Xogo do Magosto
Folla seca

Aproveitando a época do Magosto, podemos facer un xogo de pistas relacionado que, do mesmo xeito que nos permite realizar unha actividade física (na que se inclúen aspectos como a cooperación, a iniciación na orientación, ...), tamén aborda unha tradición popular galega. O xogo faise en estrela e por grupos (de 4 - 5) aos que se lles vai dando unha proba que deben realizar no entorno elixido (escola, campo, ... ). O monitor / a estará nun lugar concreto e irá dando as probas mentres o grupo realiza a proba que lle toca e volve onde o monitor para verificar a proba e, en caso de ser correcta, recoller a seguinte. Hai dous tipos de probas: as de resolver pensando, que se realizarán por grupos no lugar concreto que se lles indique, e as de busca, que realizarán por todo o recinto indicado. Ademais é recomendable dar por escrito, ou cando menos explicar claramente, unhas normas básicas do xogo: ir todo o grupo xunto, respectar ós que xogan e ós que non, non tocalas pistas, ... A cada grupo se lle entregan as probas en distinta orde para que non coincidan no mesmo sitio.

Os grupos preparan estratexias
Deliberando

PROBA.

Escribe unha receita dun postre que se poida elaborar con castañas ( entre outras cousas ).
INGREDIENTES
FORMA DE PREPARACIÓN
   
   
   
   
   
   
   
   

PROBA.

Indaga como se escribe a palabra " castaña " en inglés e en francés ( sen preguntarlle a ningún mestre / a ).

INGLÉS: ________________________

FRANCÉS: ________________________


PROBA.

Xeroglífico

Resolve este xeroglífico.

 

¿ Que había polo monte ?.


PROBA.

Isto que verás na outra parte da páxina é o souto por onde andan Carapuchiña e o lobo. Fíxate ben no debuxo e resposta ás seguintes preguntas.
1 ). Sinala un camiño que poida percorrer o lobo para chegar á cesta de Carapuchiña (que ten castañas asadas que recenden por todo o bosque).
2 ). Busca os dous castiñeiros que non deron froitos este ano e píntaos de verde.
3 ). Localiza e rodea cun círculo a Carapuchiña (que se agochou nalgún lugar do bosque).

Xogo das árbores

PROBA.

Adiviña
¿ Cal destas castañas é zurda ?.

A número ________


PROBA.

Con dez follas de árbore tedes que disfrazar de INDIO a un compañeiro ou compañeira do voso grupo. Cando o teñades feito, o traedes xunto ó mestre /a para que diga en alto:
" Eu son o grande xefe do magosto ".
Lendo a seguinte proba
Así quedou Laura
Ben feito
Non sei se vale na boca

PROBA.

Un saco de castañas custou 350 euros. Cada quilogramo custa 7 euros.

¿ Cantos quilos levan cinco sacos ?. SOLUCIÓN: ____________

Os sacos

PROBA.

PALABRAS QUE EMPEZAN POR

CAST ___

EX: CASTAÑA

.........................................

PALABRAS QUE REMATAN EN

____ AÑA

EX: CASTAÑA EX: CASTAÑA

..........................................


PROBA.

Na parte traseira do pavillón atoparás un cartel cunha proba. Búscaa e escribe a resposta neste folio.
MOI IMPORTANTE: Só tés que ler a proba que che manden facer e resposta neste folio. Non a movas nin a arranques.

SOLUCIÓN: _____________________

Debatindo
Correendo a buscar la seguinte proba
Os grupos debaten a solución ás probas e logo saen a facer o que lles piden.

PROBA.

Situádevos na porta de entrada do pavillón. Escollede ao neno / a que calce o número máis grande de zapato e que conte os pasos que hai desde esa entrada ata a porta de entrada do Colexio. Cando os teñades contados, multiplica o número de pasos por sete.

PROBA.

Arguiñano cociñou un flan con este ingredientes:

· 1'5 Kg. de castañas cocidas.
· 500 ml. de nata líquida.
· 500 gr. de azucre.
· 6 ovos.
· 500 ml. de leite.

A)¿ Canto custou o flan ?.

B) ¿ Estaría bo ?.

 

PREZOS:

- 1 Kg. de castañas: 2 euros.

- 1 litro de leite: 1 euro.

- 1 Kg. de azucre: 1,50 euros .

- 1 ducia de ovos: 2,70 euros.

- 1 litro de nata líquida: 4 euros.


PROBA.

Dúas ducias de castañas e catro medias ducias máis, menos oito medias ducias, ¿cantas medias ducias fan ?.


PROBA.

Observa estas doce castañas e resposta ás seguintes preguntas:
- ¿Que número ten a castaña que aprobou o exame?. ________
- ¿Que número ten a que se chama "touro sentado"? _____
- ¿Cal delas está fóra da lei ?. _______________
- ¿A cal lle faltan 17 anos para ser maior de idade?. ________
- ¿Cal delas estivo toda a noite de marcha?. ____________
- ¿Cal delas é pai de familia?. ____________

Adiviña

PROBA.

Sopa de letras

SOPA DE LETRAS.

Encontra cinco palabras relacionadas coa festa do Magosto, que celebramos esta semana.


PROBA.

Resolve este xeroglífico.

Xerogífico

Volta a resolver
¿Onde buscar?
Dous momentos na realización das probas.

Volve ao índice do seminario
Volve ao índice do seminario

Volve ao índice dos xogos

Vai aos xogos