A vendima

Faise nos meses de setembro ou outubro, segundo a climatoloxía.

Para vendimar utilízanse navallas, tesoiras, coitelos..

vendimando
vendimando a parra

 

En xeral, son as mulleres as que fan a corta dos acios das cepas baixas (estaca ou espaller), e os homes as altas (parra ou lata).

 

Os acios bótanse en cestiños ou capachos, e de aquí van ós culeiros (cestos grandes de forma moi especial).

 

 

botando os acios no cesto
Xesús vendimando as vides
Os homes trasladan estes cestos ó carro (na actualidade ó tractor) e logo baleiranse dentro da arca.

cesto culeiro

pisando uvas na arca

Tamén a pisa faise nos píos ou pilas, que son vasillas grandes de madeira, dentro da adega.

 

O viño queda no interior das cubas xunto co bagazo para que ferva.
volve a Ribeira Sacra
Agora vai comproba-lo que aprendiches
Agora, o encrucillado