Acivro

Ilex aquifolium L.

O nome latino desta árbore lembra que ten follas agudas. Está moi ligada ó tempo navideño. Son moitos os países europeos nos que a víspera de Nadal penduran ramiñas de acivro nas casas coa esperanza de alonxar os malos espíritos.
É orixinaria do oeste asiático e sur de Europa.
É unha árbore de folla perenne e non moi grande. Moitas veces ten un porte de arbusto.
Os acivros da Cubela son pequenos e están situados baixo árbores moito máis grandes, piñeiros e cerdeiras. Sospeitamos que son exemplares masculinos porque non teñen os característicos froitos.

As follas son moi diferentes segundo sexan xoves ou adultas. Hainas co bordo con espiñas e tamén completamente lisas. As flores son moi pequenas e brancas. Os froitos, baias vermellas, son tóxicas.

É unha árbore moi vistosa e adorna calquera xardín. Entre as variedades hai algunhas con bordos brancos, a "argentea marginata" e tamén unha con moitas espiñas a "ferox".
Agora está protexida porque a sua apariencia e posibles efectos benéficos, case acabaron con ela.
Volve ó xardín da Cubela
Volve ó xardín da Cubela