As árbores

Este "engado dos ollos", "ledicia dos ouvidos", "arrolador do esprito" e "símbolo do señorío espiritual de Galiza"... nas verbas de Castelao..., é moitas veces un descoñecido entre nós.
Queremos que o alumnado que visite esta páxina saiba un pouquiño máis das árbores que vai atopar moi preto do Colexio, nos xardíns e parques da cidade. Pensamos que do coñecemento da súa benéfica influencia, nacerá un maior respecto e aprecio polos espacios verdes.

Unha árbore é un ser vivo, vexetal, cun tronco leñoso e ramificado, con follas, segundo a estación na que se atope, e raices máis ou menos longas en relación coa parte aerea da árbore.
Poden ter flores e máis tarde froitos.

Nunha primeira clasificación das árbores poderiamos distinguir dous grandes grupos: coníferas e planifolios.

A maior parte das coníferas non perden as follas no inverno, son perennifolias. Estas follas poden ter distintas formas: estreitas e con forma de agulla, ou de escama.

 Pñeiro
Alerce
Alcipreste
Abeto
As coníferas que nós imos atopar nas actividades nos xardíns van ser maioritariamente: piñeiros, alciprestes, cedros, abetos, thuyas... Moitos delas recoñecerémolas axiña, outras non será tan doado porque pertencen a variedades de xardinería e son resultado das hibridacións e podas que poden cambiar as formas que nós coñecemos coma propias da árbore.

Os planifolios poden ser de folla perenne ou caduca. As follas poden ser compostas ou simples. Entre as simples están as dentadas, enteiras, lobulalas... segundo teñan os bordos.
Compostas
Simple
Palmeada
Falciforme
Lobuladas
Serrada e dentada
Nos xardíns próximos ó colexio atoparemos oliveiras, bidueiros, pradairos, arces, plátanos, cerdeiras, castiñeiros de Indias, moreiras... xunto con outras, que procedentes de ecosistemas alleos, desenvólvense moi ben nas nosas condicións ambientais.

A nosa intención é que poidades recoñecer as árbores máis comúns, as que ides atopar cando vaiades xogar. De seguido imos poñer os plans do xardín de A Cubela e do Parque Europa, coas súas árbores. Imos atopar tamén moitos arbustos, algúns das mesmas familias cas árbores pero estes van ser obxecto de futuros traballos.
Preme na árbore e vai ó Parque Europa
Vai ó Parque Europa

Preme na árbore e vai ó xardín da Cubela

Vai á Cubela
Volve ó índice
Volve ó índice