Aesculus hippocastanum L.
|
O nome desta árbore deriva do latín
e fai referencia ó feito de que os animais, en particular os
cabalos, comían os seus froitos. É orixinaria da península
Balcánica aínda que podemos atopala en toda Europa coa
excepción dos países do norte.
A crenza popular foi que esta árbore procedía da India. Do seu orixen nas montañas gregas pasou a Turkía e sabemos que alí era administrada ós cabalos vellos para calma-las toses. Entre as lendas que arrodean os seus froitos está a de que eran as "castañas das bruxas", que daban sorte a quen as levaba. Tamén se puñan nos ropeiros para conserva-la roupa. É unha árbore de moito porte, 20-25 metros, coa copa densa de forma arrendondada e moi fermosa. |
![]() |
![]() |
As follas son moi grandes, compostas de 5-7 foliolos.
Do cor verde escura na face e máis clara no envés. O pecíolo
é longo, forte e de cor verde. As follas viran ó amarelo
dourado coa chegada do outono.
|
|
As flores están agrupadas formando panículas
de ata 30 cm de longo. Son de cor branca con manchas amarelas ou vermellas.
Teñen 5 pétalos, érguense cara arriba e aparecen
a finais da primavera.
|
![]() |
![]() |
Os froitos son espiñentos verdes cunha forte
cuberta que aloxa de 1 a 3 sementes, as castañas. Estas maduran
a principios do outono. Son máis grandes e redondas que as do
castiñeiro Castanea sativa.
|
|
As propiedades curativas desta árbore son moi
coñecidas. Serve para reduci-lo tamaño das veas e calmar
as molestias das hemorroides e varices.
Usánse ademais para a producción de cosméticos. |
![]() |
|
Volve ó Parque
Europa
|