Cedro do Atlas

Cedrus atlantica

É orixinaria da cordilleira do Atlas, no norte de África. O cedro é símbolo da inmortalidade, da grandeza e da forza.
Entre os exipcios era o símbolo do masculino e representaba a Osiris. Era a árbore dos oráculos.
Na tradición xudeocristiá relátase que Moisés utilizou unha rama de cedro para facer brotar auga dunha rocha e para separa-las augas. Tamén o Rei Salomón construiu o templo de Xerusalén con madeira desta árbore.
É unha madeira moi apreciada, na antigüidade serviu para contruir embarcacións e cadaleitos, o seu cheiro ten a propiedade de escorrenta-los vermes e insectos.

Un dos cedros "pendula" da Cubela

Acículas do cedro

Esta árbore perennifolia, non perde as follas no inverno, polo que conserva o seu verdor. Hai variedades "glaucas" de cor azul agrisado.
No xardín da Cubela temos duas árbores da variedade "péndula", as ramas saen horizontais e caen ata o chan. A forma da árbore é máis ou menos cónica, non teñen ápice. As acículas saen en grupos formando espirais e separados uns doutros, son moi estreitas e afiadas.
A cortiza é de cor pardo-agrisada, con surcos, vai desprendendo en láminas.
Unha característica destas árbores é que florece no outono a diferencia das outras coníferas.


Os cedros teñen conos masculinos dunha cor amarela e forma cilíndrica. Os conos femininos teñen escamas moi amplas con ápice plano. Madura ós dous, tres anos e abre antes de caer ó chan. O aceite que se extrae desta árbore é utilizado para alivio das afeccións respiratorias, para inhalacións. Tamén para baños, aceites e masaxes polos efectos relaxantes. Ten propiedades moi efectivas sobre ezcemas, é astrinxente, antiséptico e tranquilizante.
Conos  ou piñas do cedro

Cedrus deodara  do Parque Europa
No xardín da Cubela podemos ver un exemplar do cedro do Himalaya, cedrus deodara, ademais dos dous cedrus atlantica da variedade pendula, pero os máis espectaculares son os do parque Europa. Alí, con moito espacio para crecer, vemos este inmenso e maxestuoso exemplar. As ramiñas penduran das ramas principais, as acículas son máis longas e brandas e as piñas teñen o ápice arredondado ou apuntado.
Pode vivir moitos anos, ata 900 no seu habitat natural, e soporta as vida nas alturas de ata 4000 metros.
Volve ó xardín da Cubela
Volve ó xardín da Cubela