cerdeira

Prunus cerasifera "Pissardii"

O nome latino lembra que é da familia da cerdeira aínda que o seu valor sexa ornamental. É orixinaria do Oeste de Asia. Se damos creto a lendas e supersticións eslavas esta árbore é bastante mal considerada. Os demos xermanos aparecen nas cerdeiras metendo en problemas a quen ousaba tocalos. Con virutas de cerdeira os eslavos tentaban saber se unha persoa tiña lombrigas. Arroxábanse á auga, se afunden é proba da existencia destes seres diabólicos no corpo humano. Os abaneses queiman ramas de cerdeira as noites consagradas ó novo sol, gardan as cinzas e fecundan con elas as vides. As veces as ramas de cerdeira son colocadas nas portas das noivas a noite do 1 de maio. Na campiña italiana aconséllase non comer cereixas cos ricos.

É una pequena árbore que pode acadar os 6-7 metros. Copa ampla e arredondada. Folla caduca de cor vermella cando nace que torna púrpura escura e queda na árbore ata case a fin do outono. As follas son simples, alternas aovadas ou elípticas, con bordo aserrado. As ponlas son tamén vermellas.

As flores son de cor rosada que torna branca ó abrir. Saen antes que as follas no mes de marzo. Teñen cinco pétalos e moitos estames. O froito é moi semellante á cereixa. Os rabiños teñen propiedades diuréticas.
Flores
Volve ó xardín da Cubela
Volve ó xardín da Cubela
Volve ó Parque Europa
Volve ó Parque Europa