Érvedo

Arbutus unedo

 

O nome da arbutus parece indica-lo pouco porte desta árbore, unedo fai alusión á recomendación de comer un só froito, xa que non son moi saborosos.
O érvedo tiña carácter sagrado entre os romanos, era atributo da deusa Carda, ou Cardea, que a usaba para garda-las portas das casas, impedindo a entrada os vampiros. Tamén alonxaba as bruxas e curaba os nenos enfermos ou embruxados.
Os dous exemplares do xardín da Cubela teñen un tamaño considerable tendo en conta que o máximo pode ser de 10 metros.
Tronco curto, copa baixa e cortiza delgada e parda.

Érvedo da Cubela

Follas do érvedo
É unha árbore que de folla perenne. Estas son simples, alternas, lanceoladas, coriáceas, dentadas, verde brillante na face e mate no envés.
As follas e a cortiza son astrinxentes. Tamén son utilizadas as follas contra as infeccións.

As flores son pequenas, blancas cun lixeiro tono roxado ou verde. Penduran en grupiños nos extremos dos brotes, no outono ou principios do inverno.
Esta árbore ten un valor ornamental, as flores moi semellantes as do muguet, os froitos moi vistosos, a forma globosa e baixa dunha cor verde intensa, fan que sexa moi adecuada para xardíns e parques.
Flores

Froitos
Os froitos son bagas de cor vermella, verrugosas. As sementes son pardas. Maduran no outono sobre as flores do ano anterior. Aínda que non teñen un gusto moi apreciado, nos países do Mediterraneo serven para facer licores e marmeladas.
Volve ó xardín da Cubela
Volve ó xardín da Cubela