Falso alcipreste

Chamaecyparis lawsoniana

Esta conífera de folla perenne é orixinaria de América do Norte, máis concretamente de California e Oregón.
O nome específico ven do grego e quere dicir alcipreste anano, pola semellanza cos alciprestes e o tamaño máis reducido. Lawson foi o primeiro que tivo as sementes no continente Europeo.
As diferencias cos alciprestes son: o tipo de ramificación plana nestas árbores e as piñas moi pequenas.
Teñen porte cónico coa cortiza pardo-vermella con fendas lonxitudinais.
Falso alcipreste

Frores e froitos
As follas teñen forma de escamas, moi pequenas, coa face verde escura e o envés máis claro.
A cortiza é pardo-vermella con escamas tamén.
As flores masculinas son vermellas e as femininas azuis, nos extremos das follas.
O froito é un cono arredondado, semellante ó dos alciprestes pero moito máis pequeno.

Outra visión das flores no momento da transformación. Tamén poden apreciarse as marcas en forma de X que teñen as follas. Este proceso ocorre ó principio da primavera.

Conos e flores

Chamaecyparis Elwoodii
Nos nosos xardíns hai outras variedades de Chamaecyparis. Algúnhas como a "Elwoodii" con pequenas agullas azuis. Outras da variedade "nana" son moito máis pequenas. As "Stardust" teñen cor dourada... Pero todas elas engaden cor e vida cando as outras árbores teñen o seu reposo invernal.
Volve ó xardín da Cubela
Volve ó xardín da Cubela
Volve ó Parque Europa
Volve ó Parque Europa