Magnolia grandiflora L.
|
É unha árbore de folla perenne que pode
acadar os 25 metros. Procedente do sudeste de Norteamérica, é
moi frecuente nos parques e xardíns europeos.
Abonda nas rexións mediterraneas e atlánticas onde non está exposta a secas prolongadas. O nome específico lembra a súa característica máis sobresaínte, o tamaño das flores. A copa é ampla e bastante densa. A cortiza lisa e agrisada. |
![]() |
![]() |
As follas son moi grandes, lanceoladas, coriáceas,
enteiras. Escuras e brillantes na face e máis claras con peliños
vermellos no envés.
As flores son moi grandes, cónicas ó principio e con forma de copa cando abren. Pétalos e sépalos son da mesma cor, branca, moi carnosos e arrecendentes. Teñen moitos estames e ovarios colocados en espiral. As flores saen dende xullo ata novembro |
|
Os froitos agrúpanse nunha piña de cor
vermella de ata 10 cm de lonxitude que ó abrir deixa en liberdade
as sementes, tamén vermellas e brillantes, de forma oval.
|
![]() |
![]() |
|
O uso medicinal da magnolia era moi coñecido
xa no século XVI para tratar padecementos do corazón.
Tamén como diurético, fervendo cortiza e flores e bebendo
a auga. Na actualidade a infusión das flores é usada como
antiespasmódico.
|
|
Volve ó Parque
Europa
|