Morus alba "pendula"
![]() |
Árbore pequena, de folla caduca, orixinaria
da China e norte da India.
O nome procede do grego "morea" e do latin "alba", pola cor dos froitos. Parece que o motivo da extensión desta árbore polo occidente foi o de dar de comer ás larvas ou "vermes" da seda, tal como se viña facendo na China. Agora é unha árbore moi usada para adornar os xardíns, en especial a variedade "pendula", con esa forma de paraugas e as longas ramas que moitas veces chegan ó chan. |
As follas son grandes, ata 18 cm de lonxitude, de
forma moi variable, poden ser enteiras ou divididas en lóbulos,
cos bordos dentados. Son lixeiras e finas, de cor verde un pouco brillante
na face, no envés destacan os grandes nervios aveludados o mesmo
que o pecíolo.
A saida das follas é bastante tardía en comparanza con outras árbores, isto a preserva dos fríos que moitas veces aparecen ó principio da primavera. Este foi o motivo polo que Plinio a chamou "sapientissima arborum". |
![]() |
![]() |
![]() |
As flores masculinas agrupadas en amentos sobre longos
pedúnculos. As femininas son máis globosas.
Os froitos son de cor branca, comestibles e doces pero moi pouco aroma e sabor. Hai tempo as follas eran utilizadas como diuréticas, hoxe é máis o uso dos froitos nos catarros e afeccións das vías respiratorias, axudan a eliminar a conxestión. |
Volve ó Parque
Europa
|