O Piñeiro

Pinus pinea, L.

Piñeiros da Cubela
O nome Pinus pode vir do celta, montaña ou rocha; pinea refírese ás sementes comestibles destas árbores.
Coma as outras coníferas é unha das árbores máis antigas na terra.
Tamén coma as coníferas que conservan as follas no inverno, é símbolo da immortalidade.
No mundo antigo o piñeiro estaba ligado a Dionisio e tamén a Silvano, deus romano dos bosques. Tamén estaba consagrado a Cibeles, deusa da fecundidade.
Os druídas celtas queimaban piñeiros no Solsticio de inverno para atraer ó sol.
Segundo a literatura o mago Merlín acadou poder e sabedoría cando subiu ó piñeiro.

É unha árbore que pode acadar os 30 metros. As raices son fortes, o tronco recto e longo, cunha cortiza de cor castaña con fendas e placas. A copa da árbore é densa e globosa nun principio, cos anos toma a forma dun parasol.
A madeira é resinosa e non é doada de traballar.
A resina é usada para fabricar lacas, oleos, lacre, recubrimentos de barcas... tamén polos veterinarios para curar animais. Tamén pode substituir ó incenso para escorrentar, ó queimala, ás enerxías negativas.
Tronco dun piñeiro

Follas do piñeiro
As follas, ou acículas, sempreverdes, perennes, alongadas, punzantes e moi verdes, saen de dos en dous.
As flores masculinas forman espigas de cor amarelo na base dos brotes. As femininas reunidas en conos sitúanse no ápice dos brotes.
Os froitos son as piñas de forma de ovo, verdes primeiro e de cor castaña cando maduran. As sementes son os piñóns comestibles.

O piñeiro moi utilizado coma árbore ornamental. Non pode faltar nos xardíns xaponeses.
Na menciña popular é recoñecida a súa axuda nos problemas dos bronquios. Calma a irritación das mucosas, axuda a expectorar, é tónico.
A auga de cocer piñas e agullas, engadida á auga do baño, é boa para problemas da pel.
Debuxo das, follas, flores, froito e semente.

Volve ó xardín da Cubela
Volve ó xardín da Cubela