Thuja

Thuja spp.

As Thujas orientalis e occidentalis son moi frecuentes nos nosos parques. Son coníferas de folla perenne que poden acadar os 20 metros. A copa é estreita e cónica pero vai ancheando cos anos. Son as típicas árbores ornamentais tamén nos cemiterios.
Hai tamén moitas variedades pequenas que serven para facer sebes e que toleran moi ben as podas
A Thuja orientalis e orixinaria da China, Xapón e Corea. A occidentalis atópase na America do Norte.
As Thujas son coñecidas tamén como Árbores da vida, isto era debido a que os nativos americáns e tamén os colonizadores, asociaban as propiedades destas árbores (debidas ó alto contido en vitamina C) coa saúde. Empregábanas contra o escorbuto.
Thujas da Cubela

Follas
A densidade das ramas é moi diferente segundo as especies. Teñen unha orientación perpendicular. As follas son escuamiformes e carnosas. De cor verde polos dous lados.
A cortiza pardo-laranxa ten moitas fendas que logo van desprendendo e formando tiras estreitas.

As inflorescencias masculinas da Thuja orientalis son pequenas, amarelas e terminais. As femininas son ovais con longas escamas, e ganchudas. Na madurez tornánse de cor parda.
As da Thuja occidentalis son de cor verdosa na madurez.
As partes verdes desta árbore teñen, ó frotalas, un cheiro afrutado.
A madeira destas árbores é moi utilizada para productos que estean en contacto coa auga, casas, postes valados, barcos...
Inflorescencias femininas
Volve ó xardín da Cubela
Volve ó xardín da Cubela
Volve ó Parque Europa
Volve ó Parque Europa